Saturday 27 de April de 2024

O PP de Culleredo esixe ao alcalde Riobo que deixe de facelos responsables de incumprir as promesas feitas aos veciños de Sésamo


O grupo popular de Culleredo manifestou o seu enfado pola información enganosa que “o alcalde José Ramón Rioboo fai chegar ás asociacións a través do seu persoal de confianza, sen dar a cara e mentindo descaradamente”.

“Esta vez tocoulle ao Centro Social de Sésamo, que espera desde o 2022 polos andeis que lles prometía o señor Rioboo.

Obviamente seguen sen elas, e continuando coa súa liña de mentiras e calumnias, o señor alcalde acúsanos a nós de bloquear a compra deses andeis. É do todo inaceptable. Nin sequera existe unha partida específica para ese material, nin no suplemento de crédito ao que tantas veces refírese o alcalde, nin en ningún outro sitio”, aclaran os populares.

Ademais, consideran desde o grupo popular que é dunha covardía extrema o utilizar a persoal de confianza para trasladar estas mentiras aos veciños, “que se atreva el mesmo a dicirlle á asociación que seguirán sen o material prometido pola súa incapacidade para resolver nin a simple compra duns andeis”.